InicioSociedadeA Universidade de Vigo ofrecerá 3.743 prazas de nova incorporación e 1.763...

A Universidade de Vigo ofrecerá 3.743 prazas de nova incorporación e 1.763 de máster para o curso 2020-2021

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo ofrecerá, para o curso 2020-2021, 3.743 prazas de nova incorporación e 1.763 de máster (contando centros propios e adscritos), e incorporará algunhas novidades, como tres novos programas de simultaneidade e catro novos títulos de posgrao (másteres).

Segundo apuntou o vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado, Manuel Ramos, a oferta é “algo dinámico” que debe axustarse cada ano, e lembrou que, no que respecta aos graos, vívese un momento de ‘impass’, xa que en 2021 abrirase o novo mapa de titulacións, que “suporá un cambio importante”.

No próximo curso, a UVigo ofertará tres novos programas de simultaneidade xurdidos da Escola de Enxeñaría Industrial, co que se dá resposta á demanda do propio centro de complementar a oferta coa titulación de Enxeñaría Biomédica. Así mesmo, faise efectivo o acordo alcanzado no Sistema Universitario de Galicia (SUG), que incluía a PCEO (Programación Conxunta de Ensinos Oficiais) en Enxeñaría Mecánica e en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática.

“Os dobres graos, aínda que non se tratan de titulacións propiamente ditas, xa que son programas de estudo formados por titulacións xa existentes, supoñen unha oferta atractiva para o alumnado”, apuntou Manuel Ramos.

Por outra banda, no curso académico 2020-2021 comezará a impartirse, con 20 prazas, a modalidade virtual do Grao de Dirección e Xestión Pública, unha iniciativa pioneira no mapa de titulacións do SUG.

Así mesmo, no caso de titulacións cuxa continuidade estaba en dúbida por baixa matrícula, mantense a oferta (en grao e máster), aínda que condicionada a que a UVigo cumpra os compromisos adquiridos, como presentar novas propostas de títulos que substitúan algunha das titulacións.

NOVOS MÁSTERES

Con respecto aos títulos de posgrao, a UVigo ofertará o próximo curso catro novos másteres: máster en Nanociencia e Nanotecnoloxía (13 prazas), máster en Dirección e Innovación na Cadea de Subministración (30 prazas), máster en Visión por Computador (6 prazas) e máster en Industria 4.0 (15 prazas).

A institución académica viguesa ofertará o mesmo número de prazas de novo ingreso nos másteres, excepto no caso do máster en Enerxía e Sustentabilidade, porque a súa comisión académica decidiu que sería bianual, e o próximo curso non se impartirá.

Con respecto ao máster en Enxeñaría Aeronáutica, tras o acordo coa Universidade da Coruña, seguirase traballando na elaboración do plan de estudos e empezarase a impartir no curso 2021-2022.

ÚLTIMAS

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Vigo tacha de “sectario” o acto de Rueda no IES de Navia por non convidar a Caballero

O goberno municipal de Vigo criticou este martes o acto de colocación da primeira...

Traballadores de Stellantis Vigo denuncian a “cara oculta” da fábrica: precariedade, estrés e cargas insostibles

Traballadores de Stellantis Vigo concentráronse este martes diante das portas da fábrica para denunciar...