InicioSociedadeA Xunta obriga a levar documentación das leiras para non multar aos...

A Xunta obriga a levar documentación das leiras para non multar aos que van coidalas

Deberán portar unha declaración responsable na que se detallen as leiras nas que levan a cabo a actividade

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou unha orde da Consellería do Medio Rural na que se permiten os desprazamentos que afectan a agricultores de autoconsumo que se trasladan a parcelas próximas á súa vivenda nas que desenvolven a súa actividade, sempre e cando leven unha declaración responsable das leiras que posúen.

Segundo trasladou a Consellería do Medio Rural, esta norma modifica as restricións da súa mobilidade impostas pola situación de emerxencia sanitaria o pasado 24 de marzo mediante o DOG, que limitaba os desprazamentos dos agricultores a cultivos e viñedos non comerciais situados a menos de 500 metros da súa vivenda.

Así, os agricultores deberán presentar unha declaración responsable na que se detallen os cultivos non comerciais que realizan e en que parcelas traballan. No caso de cultivos ecolóxicos, deberase tamén indicar na declaración que non se utilizan tratamentos fitosanitarios e que se carece do carné de manipulador dos mesmos. As persoas que utilicen estes produtos poderán presentar esta acreditación de modo adicional á declaración responsable. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...