InicioSociedadeAudasa prevé acometer obras na AP-9, na Ponte de Rande, a partir...

Audasa prevé acometer obras na AP-9, na Ponte de Rande, a partir do luns

PUBLICADO O

- Advertisement -

Audasa informou de que o Ministerio de Transportes autorizou a execución de dúas obras de mantemento na AP-9. Segundo explica, trátase da reparación das xuntas do viaduto da PO-10 sobre a autoestrada galega, á altura de Pontevedra, e da substitución da argamasa das xuntas da Ponte de Rande.

O obxectivo é evitar posibles problemas na seguridade viaria e mellorar a comodidade na condución dos usuarios.

Audasa informa que a redución do tráfico, cun descenso superior ao 70% na intensidade media diaria (IMD) nas últimas semanas, supón “unha oportunidade para materializar unha mellora duradeira cunha mínima afectación para os viaxeiros”.

Así, os traballos comezarán na Ponte de Rande o vindeiro luns 27 de abril ás 9.00 horas e prolongaranse ata o xoves 30 de abril ás 13.00.

Sempre estarán dispoñibles, segundo indicou a concesionaria, dous carrís por sentido. Se por cuestións meteorolóxicas non se puidesen concluír as obras, precisou que se reiniciarán desde o luns 4 de maio ás 9,00 horas ata o venres 8 de maio ás 13,00 horas.

No viaduto da PO-10, sobre a AP-9, os traballos levarán a cabo desde as 9,00 horas do 28 de abril ata as 19,00 horas do 29 de abril. Estas obras, avanza a concesionaria, “poderán supor algún corte de carril de forma alternativa, ademais de pechar momentaneamente a saída cara a Vigo, coa alternativa para os vehículos de realizar un cambio de sentido na rotonda de Marín.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...