InicioSociedadeO PP pide á Deputación que facilite máscaras infantís e o ente...

O PP pide á Deputación que facilite máscaras infantís e o ente provincial traslada a petición á Xunta

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz do grupo provincial do PP, Jorge Cubela, solicitou á Deputación de Pontevedra que facilite aos concellos máscaras para os cativos menores de 14 anos, en previsión da aprobación do decreto que permitiría a saída dos menores para realizar pequenos paseos.

Nun comunicado o PP provincial critica ao Goberno central por ser “incapaz” de xestionar a centralización do material. “A Deputación é a única administración na provincia que segue sen repartir nin unha soa máscara, luvas ou outro material de prevención entre os concellos, cando é a administración máis próxima a eles”.

“As familias están preocupadas en como facelo con todas as garantías de seguridade e por iso os concellos, co apoio da Deputación, deben dar unha resposta urxente. É momento de sumar e traballar todos xuntos” manifestou o deputado provincial Jorge Cubela.

Pola contra sinala que Deputación de A Coruña (PSOE), repartiu 230.000 máscaras na provincia a través da plataforma loxística da Xunta. polo que “é difícil de explicar por que uns si colaboran coa Xunta e concellos, mentres outros rexeitan esta posibilidade“.

A deputación responde que o fará en canto reciba o material por parte da Xunta

O deputado Carlos Font agradeceu ao PP provincial a idea, e asegurando que “a levarán á práctica nos concellos da provincia en canto nos chegue o material

Font asegura nun comunicado que xa se ten dirixido á Xunta de Galicia para que, “da forma máis inmediata posible, remita á Deputación de Pontevedra un total de 200.000 máscaras co compromiso de comezar o seu reparto nos municipios da provincia que, a súa vez, poderán distribuílas entre as familias con nenas e nenos de menos de 14 anos. “

O deputado asegura neste sentido que xa se dirixiron á Xunta “xa que é a autoridade competente e a que dispón do mando único para o reparto de material de protección”. Font engadiu que a Xunta “non terá problema algún en facernos chegar este material, tendo en conta que recibiu do Goberno do Estado case 2 millóns de máscaras

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...