InicioSociedadeO concello repartirá 20.000 máscaras en espera das que negocia mercar a...

O concello repartirá 20.000 máscaras en espera das que negocia mercar a un provedor

A repartición será o vindeiro venres día 24 de abril e con cada máscara entregarase un documento de uso e medidas hixiénicas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo iniciará este venres a repartición dun primeiro lote de 20.000 máscaras, cedidas polo Hospital Povisa, mentres ultima a compra de 100.000 máscaras a un provedor co que se está negociando o prezo, segundo trasladou o alcalde, Abel Caballero.

Nunha comparecencia telemática, o rexedor olívico explicou que o goberno local está inmerso nunha operación de compra dun lote de 100.000 máscaras (e pretende facer outras dúas compras iguais máis, ata alcanzar as 300.000), pero Povisa cedeu por adiantado 20.000 unidades, que lle serán devoltas cando o Concello reciba a súa compra.

Esta primeira repartición farase, segundo explicou Abel Caballero, en zonas de tendas e mercados de alimentos, onde os cidadáns acoden a facer as compras. Por cada máscara entregarase tamén un folleto informativo sobre a colocación e retirada correcta deste elemento de protección.

Abel Caballero incidiu no feito de que o Concello, sen ter competencias, está a negociar a compra de máscaras, mentres que a Xunta enviou ao consistorio vigués 14.000 máscaras “caducadas”.

Cuestionado achega do envío de máis de 7.700 máscaras adicionais, anunciado este mércores pola Xunta, o alcalde proclamou que esa cifra “non é nada”. “Tería que enviar moito máis”, aseverou.

“Onde está todo o que corresponde a Vigo, do que envía o Goberno? Non se onde están esas máscaras (que envía o Goberno á administración autonómica), en Vigo non. O desabastecemento da Xunta cara a Vigo é importante”, afirmou.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...