InicioSociedadeMáscaras sanitarias 'Made in Arbo'

Máscaras sanitarias ‘Made in Arbo’

PUBLICADO O

- Advertisement -

Veciños de Arbo están confeccionando máscaras para repartir no concello ante o aumento da demanda de material de protección contra o coronavirus e das dificultades para conseguir e cubrir as necesidades existentes que hai do mesmo.

O Concello de Arbo puxo en marcha a iniciativa “Tecendo Solidariedade en Arbo” coa colaboración veciñal aportando tea de uso sanitario Dende o pasado xoves día 16 de abril as primeiras 1000 máscaras estanse a repartir entre os colectivos máis vulnerables.  “A medida que se vaian confeccionando máis seguiran repartindose ata cubrir todas as necesidades dos arbenses”, apuntan desde o concello.

Horacio Gil, alcalde de Arbo, destaca que nesta iniciativa participan máis de 40 costureiras arbenses e estase a deseñar un patrón para que tamén poidan coser os máis cativos de Arbo. “Como alcalde e veciño de Arbo, reitero o meu orgullo de representar ás veciñas e veciños desta vila, que unha vez máis demostran a súa solidariedade nun tempo tan complicado como é esta crise sanitaria”, apunta o rexedor nun comunicado.

Estas máscaras estan destinadas a atender as necesidades deste municipio e de todos aqueles colectivos ou asociación da comarca que o precisen. Se alguén se quere anotar aínda esta a tempo, chamando o teléfono 986 66 50 00 de luns a venres de 9 a 14:00 horas ou enviar un correo a oficinas.concellodearbo@gmail.com

ÚLTIMAS

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...

Detido en Mos tras aparecer un home brutalmente agredido

A Garda Civil arrestou a un veciño de Mos como presunto autor dunha agresión...

Vigo acolle este sábado concentracións contra o ataque de EE.UU. a Venezuela

Colectivos de cidadáns venezolanos e sindicatos convocaron este sábado concentracións en Vigo despois de...