InicioCulturaAs "pílulas de coñecemento" en clave de humor do CISC serven para...

As “pílulas de coñecemento” en clave de humor do CISC serven para achegarse á sociedade

O Instituto de Investigacións Mariñas iniciou este luns nas súas redes sociais unha campaña dirixida a escolares que ten como base o recurso educativo 'A Ciencia do Mexillón', publicado en 2010 no marco do proxecto Divulgamar, e estrutúrase en retos semanais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Unidade de Cultura Científica (UCC) da delegación do Consello Superior de Investigacións Científicas en Galicia puxo en marcha a iniciativa “Pílulas CSIC de coñecemento”, para divulgar a través de redes sociais, en clave de humor, contidos científicos sinxelos e rigorosos.

Así, segundo trasladou o delegado institucional do CSIC en Galicia, Antonio de Ron, fomentan o achegamento á sociedade e, no actual contexto de crise sanitaria, contribúen a “relaxar” e servir de “evasión” á xente que está confinada.

Segundo explicou Luisa Martínez, responsable da Unidade de Cultura Científica, “a idea xurdiu ante a necesidade, no contexto actual, de deseñar un recurso diferente para continuar o labor da UCC a través das súas propias institucións, e tamén por medio das redes sociais, e que ao mesmo tempo axude á sociedade a soportar estes momentos de confinamento”.

As “pílulas” son breves pezas audiovisuais interpretadas polo cómico e actor Carlos Godoy e emítense na canle de Youtube da UCC do CSIC en Galicia, e tamén se difunden en Facebook e en Twitter.

Esas pezas (de momento hai 7 dispoñibles), que se estrean cada luns, mércores e venres, abordan cuestións como a circulación oceánica e o clima en Galicia, a fitorremediación, as leguminosas, os monumentos megalíticos ou a supercomputación.

OUTRAS CAMPAÑAS

Así mesmo, o Instituto de Investigacións Mariñas iniciou este luns nas súas redes sociais unha campaña dirixida a escolares que ten como base o recurso educativo ‘A Ciencia do Mexillón’, publicado en 2010 no marco do proxecto Divulgamar, e estrutúrase en retos semanais.

Esta campaña súmase a outras dúas que xa están en marcha: #QuedaNacasa, que ofrece recursos educativos relacionados coas ciencias mariñas; e #ACienciaResponde, que ofrece coñecemento científico para resolver dúbidas do público xeral.

INICIATIVAS DE AFUNDACIÓN

Por outra banda, a Obra Social de Abanca continúa coa súa iniciativa Afundación en casa, coa celebración de talleres e outras actividades.

Segundo informou a institución, este martes celebrarase, na sección ‘Educación en casa’, o taller ‘A arte como recurso de aprendizaxe. Poesía desde o confinamento’. Trátase dunha proposta dirixida por Laura Sarasola e enfocada especialmente aos docentes.

Do mesmo xeito, no portal web de Afundación en casa, iniciarase este martes un taller semanal de artes plásticas para os máis pequenos. Esta semana, a sesión explicará o estampado con cola e especias.

Finalmente, e nos directos de Afundación TV, o portal web ofrecerá este martes a partir das 17,00 horas dúas novas charlas da sección ‘Abanca e IESIDE asesoran’. En primeiro lugar, o profesor do Executive MBA, Ignacio Martín Maruri, falará de ‘Teletrabajo en equipo en tempos de illamento: un desafío múltiple’; mentres que o xerente da empresa Don Disfrace, Roberto Domínguez, impartirá un relatorio titulado ‘CEO Talks. Tenda en liña’.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...