InicioSociedadeAs residencias que si conseguiron pechar as portas ao virus: "Cada día...

As residencias que si conseguiron pechar as portas ao virus: “Cada día é unha pequena vitoria”

Os centros residenciais de maiores estanse enfrontando a un "reto nunca antes visto". No medio dunha crise sanitaria que pon as persoas maiores no centro, hai residencias que si foron quen de frear a pandemia e que suman, a día de hoxe, cero contaxios. Algunhas actuaron xa vendo o que pasaba en China e mercaron material.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As residencias de maiores convertéronse no epicentro da pandemia ao acumular preto do 45% dos falecidos pola COVID-19 dende o inicio da crise en Galicia. Máis de 1.100 persoas foron contaxiadas nestes centros residenciais e máis de 150 mortes están vinculadas a eles. Moitas traballadoras denuncian a falta de previsión por parte das direccións e das autoridades sanitarias, que só comezaron a actuar “cando lle viron as orellas ao lobo”.

Mais no medio da traxedia que asolaga boa parte da rede residencial do país, hainas que foron quen de parar o virus na porta. Illas de certa “tranquilidade” entre a desfeita. No centro Divina Pastora de Vilagarcía viven cada día coma unha “pequena vitoria”. O contador de persoas infectadas mantense a cero dende o comezo da crise, igual ca na residencia Sanitas Mayores A Coruña, onde viven un total de 117 maiores. 

Podes ler a reportaxe completa en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...