InicioEconomíaO Concello busca fórmulas para reactivar a economía da área de Vigo

O Concello busca fórmulas para reactivar a economía da área de Vigo

O alcalde Abel Caballero convocará esta semana un "consello de cidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que esta semana convocará un “consello de cidade” para reactivar a economía da área metropolitana tras a suspensión da mesma decretada no marco do estado de alarma.

Caballero precisou que suporá “unha gran mobilización da interlocución da cidade”. Esta articularase xunto a representantes dos sectores da automoción, o naval, a Universidade de Vigo (UVigo), o comercio, a pesca, a hostalaría, os despachos profesionais, a edificación e o ámbito social, así como con investigadores.

Así mesmo, este consello, que integrarán polo menos 25 membros, contará coa participación da Deputación de Pontevedra e o Consorcio da Zona Franca, entre outras institucións. Tamén poderán integrarse no mesmo alcaldes da área metropolitana dado que, segundo detallou o rexedor, a actividade económica dalgúns sectores de Vigo, como a automoción ou o naval, “transcende” o termo municipal.

Abel Caballero precisou que o obxectivo desta iniciativa pasa por establecer “un proxecto de recuperación ordenado e con interlocución” dos distintos ámbitos económicos e trasladar as súas “necesidades” á Xunta, o Goberno central e a Unión Europea (UE).

Tras crearse este consello, que se reunirá por primeira vez esta semana de modo telemático, o alcalde avanzou que se articularán varias ramas do mesmo que abordarán os subsectores das principais actividades económicas da área.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...