InicioSociedadeO BNG acusa á Xunta de someterse aos intereses privados da concesionaria...

O BNG acusa á Xunta de someterse aos intereses privados da concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vindeiro mércores 13 de xuño someterase a debate na Comisión 5ª do Parlamento unha  proposición onde se insta ao Sergas “a que abandone a política de confrontación co persoal técnico de coidados auxiliares de enfermería do Hospital Álvaro Cunqueiro, así como a súa submisión á concesionaria do novo hospital”, declaran dende o BNG.

“A decisión do Partido Popular de construír o Novo Hospital de Vigo sobre un modelo de privatización non só converteu a concesionaria na responsábel do proxecto de construción, senón que supuxo cederlle a explotación e xestión de moitos servizos”, engaden.

Dentro destes servizos está a limpeza e a lavandería, “sendo a intención do Sergas que pase o persoal TCAE a realizar parte das labores que realizaba o persoal de limpeza, en concreto o traslado das bolsas de roupa sucia desde a porta das habitacións”.

Hospital Alvaro Cunqueiro
Hospital Alvaro Cunqueiro / Miguel Núñez

Ademais, “o Sergas en lugar de esixir a realización destas tarefas á empresa concesionaria dotándose do persoal necesario, toma a decisión de sobrecargar aínda máis ao seu propio persoal, creando deste xeito un conflito coas TCAE”, denuncian.

Desde o BNG esixen “unha rectificación por parte do Sergas para que deixe de protexer á empresa concesionaria e defenda ao seu persoal, pasando dunha política de confrontación a unha de diálogo co persoal TCAE”, explica Montse Prado, deputada do BNG.

Por último, na iniciativa presentada tamén se demanda do Sergas a que proceda á retirada dos expedientes sancionadores iniciados, e se absteña de abrir outros novos a profisionais, polo conflito xerado en torno á discrepancia competencial no traslado das bolsas de roupa sucia.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...