InicioCulturaCoñece o patrimonio tudense a través da rede

Coñece o patrimonio tudense a través da rede

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tui conta cun importante patrimonio cultural, sendo este unha das súas principais sinais de identidade, así coma un dos seus destacados recursos turísticos. Precisamente, nestes días de corentena, o concello tudense publicou unha compilación de recursos accesibles en liña para visitar este patrimonio e afondar no seu coñecemento. 

Un destes recursos é o propio apartado dedicado ao turismo na web municipal www.tui.gal, onde hai información sobre o recursos patrimoniais culturais da cidade coa súa historia, imaxes e vídeos. Na Galería atopamos albumes de fotografías do Camiño Portugués, a Catedral de Santa María, o Conxunto Histórico, ou Tui dende o Ceo

Na canle de Vimeo do Concello de Tui pódense visionar distintos vídeos coma “Tui, cidade histórica, natural, monumental…”, “Tui, Porta do Camiño”, ou “Ruta Xudía”.

“Dende a Concellería de Patrimonio compílanse estes recursos on-line para mellorar o coñecemento dos recursos patrimoniais do noso municipio dende o convencemento de que este coñecemento implicará unha mellor valoración e conservación do mesmo”, apunta o concello nun comunicado. 

Ademais, lembra que cando remate este período de confinamento, Tui “estará agardando a todos os visitantes e turistas cunha acreditada oferta turística que, abofé, irá pouco a pouco recuperando normalidade á medida que se vaian levantando as medidas de confinamento”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...