InicioPolíticaO vicepresidente da Xunta recrimina a "actitude" da Deputación de Pontevedra con...

O vicepresidente da Xunta recrimina a “actitude” da Deputación de Pontevedra con respecto ás axudas para Tui

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mostrouse “seguro” de que “ten que haber” declaración de zona afectada por unha emerxencia de protección civil en Tui, municipio afectado pola explosión dunha pirotecnia.

Respecto diso, opinou que sería “bo sabelo canto antes” e considerou que “non debería haber ningún tipo de diferenza” por que se produciu un cambio de Goberno”.

Por outra banda, a preguntas dos xornalistas após unha rolda de prensa sobre incendios forestais, o vicepresidente galego recriminou a súa “actitude” á Deputación de Pontevedra, que preside a socialista Carmela Silva, en relación co establecemento de axudas para os afectados.

En concreto, Rueda foi preguntado polas denuncias dos afectados pola explosión de Tui respecto de atrasos nas axudas, motivo polo que convocaron unha manifestación este sábado.

DOG

A Xunta, segundo respondeu o vicepresidente da Xunta, xa publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) as súas axudas, e “cada administración está a explicar o que está a facer”. Sobre este asunto pronunciarase Alfonso Rueda durante o pleno do Parlamento este mesmo mércores.

Na explosión de Tui, que se produciu na vivenda dun familiar do dono dunha pirotecnia clausurada, perderon a vida dúas persoas e ocasionou numerosas desfeitas.

ÚLTIMAS

Investigan a morte dun home nunha nave abandonada en Vigo

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias da morte dun home,...

Vigo rozará o “cheo total” polo aceso do Nadal, segundo Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que a ocupación hoteleira para esta fin...

A CIG denuncia que os buses de Vigo circulan con horarios “imposibles”

A sección sindical da CIG en Vitrasa, a concesionaria do transporte público de Vigo,...

Condenado a 13 anos e medio de cárcere o autor do crime de Coia: tres atenuantes rebaixan a pena

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo penas que suman 13 anos...