InicioEconomíaConxemar denuncia que a UE deixa fóra das axudas os transformadores e...

Conxemar denuncia que a UE deixa fóra das axudas os transformadores e comercializadores da pesca

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asociación española de Almacenistas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura, Conxemar, denunciou este venres que, “dunha forma incrible”, a Comisión Europea deixa fóra das axudas destinadas á pesca a este sector.

Conxemar lembrou que o informe da Comisión sobre as axudas para apoiar a pesca e a acuicultura, pola suspensión de actividade derivada da crise do coronavirus, establece fondos para o sector extractivo baseándose “na necesidade de liquidez”, e para o sector acuícola para “garantir compensación financeira” pola suspensión ou redución da produción.

Tamén se anunciaron axudas aos produtores para o almacenamento temporal dos produtos da pesca e a acuicultura.

“Dunha forma incrible, déixase fóra das axudas ao sector das industrias de transformación e á comercialización, xa sexa de peixe fresco ou conxelado, e a todo o sector comercial, que distribúe estes produtos”, criticou Conxemar, que lembrou que eses distribuidores levan a mercadoría especialmente a pemes que venden á canle horeca (hoteis, restaurantes e cafetarías).

Segundo incidiu a asociación, estes establecementos están obrigados a pechar pola crise sanitaria, coa consecuente perda de todos os ingresos para estas empresas, “incluso o risco de non cobrar os pedidos entregados antes da declaración do estado de alarma”.

Finalmente, Conxemar fixo un chamamento á atención de “autoridades europeas, estatais e autonómicas”, ante “tal manifesta inxustiza cos máis débiles”, para que as axudas cheguen tamén a estas empresas.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...