InicioSucesosPeinador continúa desviando e cancelando voos, 43 no último mes

Peinador continúa desviando e cancelando voos, 43 no último mes

Dous voos con destino Vigo xa foron cancelados na mañá deste mércores, cando onte non puido aterrar ningún.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dous voos con destino ao aeroporto de Vigo, e as súas respectivas voltas, tiveron que ser cancelados na mañá deste mércores. Isto súmase ás incidencias do martes, cando non puido aterrar en Peinador ningún dos voos previstos debido ás malas condicións meteorolóxicas e ao estar apagado o sistema antinéboa.

Fontes de Aena comunicaron a Europa Press que os avións cancelados este mércores son un Iberia procedente de Madrid e un Vueling con orixe en Barcelona, así como os seus voos asociados de volta.

Aeroporto de peinador
Espera dos viaxeiros no Aeroporto de Peinador/ Miguel Nuñez

No entanto, explicaron que nesta ocasión non tivo que ver coa situación meteorolóxica, senón con reorganización de voos por parte das aerolíneas. Así as cousas, a pesar destas incidencias, o aeroporto vigués operou con normalidade nas demais ligazóns previstas para este mércores.

Con todo, este martes ningún dos avións puido aterrar en Vigo, e só un puido despegar. Así, un total de 11 tiveron que ser desviados (todos ao aeroporto de Santiago, salvo un que foi a Porto) e tres foron cancelados (dous de Iberia e un de Vueling), todos eles cos seus respectivos regresos.

Aeroporto Peinador
Aeroporto de Peinador, sala de espera na terminal/ Miguel Nuñez

Aena explicou que as incidencias do martes si se deberon á meteoroloxía adversa e a que o sistema ILS –o asistente de aterraxe en caso de néboa– está desactivado dende o 7 de maio para a súa substitución por un novo. Por este motivo, no último mes xa foron desviadas ou canceladas 43 ligazóns (incluíndo as deste mércores).

ANTINÉBOA APAGADO

Segundo manifestaron estas fontes, o cambio no sistema era “imprescindible” porque “se acababa o período de vida útil” do ILS anterior. En todo caso, aseguraron que a obra “se está desenvolvendo con normalidade” e “vai moi ben de prazo”, de forma que a previsión é que o sistema poida ser reactivado na última semana de xuño.

Neste ámbito, estas fontes tamén indicaron que se escolleron os meses de maio e xuño para facer o cambio porque “estatisticamente” é cando hai mellor visibilidade no aeroporto de Vigo, e de feito, agregaron que este último mes “tivo días de néboa similares aos doutros anos”.

ÚLTIMAS

Rede de Mulleres manifestarase o 25N en Vigo: “Estamos a sufrir un retroceso que non podemos permitir”

A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo mobilizarase o vindeiro...

Stellantis Vigo inicia a produción en serie da nova versión das súas furgonetas compactas

Stellantis Vigo comezou a produción en serie da nova versión Smart Compact Van dos...

“Vigo ten unha oportunidade”: Louzán abre a porta ao Mundial de 2030 e anuncia unha visita a Balaídos

O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, destacou este xoves...

Nova resposta da Xunta a Caballero polo Mundial de 2030: “Mantemos a mesma postura desde hai tempo”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insistiu en que a Xunta...