InicioSociedadeDrama na residencia DomusVi Aldán, en Cangas: 120 contaxiados, segundo familiares

Drama na residencia DomusVi Aldán, en Cangas: 120 contaxiados, segundo familiares

PUBLICADO O

- Advertisement -

A residencia DomusVI Aldán, en Cangas, pode converterse no epicentro dos contaxios de centros de maiores de Galicia con 120 contaxiados.

Ese é o dato que facilitan familiares a Xornal de Vigo que denuncian que a situación é “dramática”. Os 120, a maior parte serían residentes, moitos deles asintómáticos, e 16 traballadores. A pesar do contrato de catro auxiliares nos últimos días, a situación está “desbordada”. “Os traballadores están chorando. É un desastre”, comentan as fontes consultadas.

No parte oficial facilitado este luns ás 12.00 horas, a Xunta recoñecía só oito contaxios neste centro, dous usuarios e dous empregados. Con todo, desde ASFAREBA (Asociación Usuarios e Familiares Residencias DomusVi) e a Federación Galega REDE de Asociacións de Usuarios e Familiares das Residencias e da Dependencia falan xa de 120 casos.

Un número de contaxios que se tería producido, principalmente, durante os primeiros días da crise sanitaria e mesmo durante a pasada semana ante a falta de medios. “Os traballadores só tiñan guantes para loitar contra todo isto”, aseguran estas fontes.

Durante a fin de semana, e vendo a magnitude deste problema, acudiu unha unidade móbil para facer probas a residentes e traballadores. De feito, unha das traballadores do centro confirmaba este domingo ás 23.00 horas que moitos dos maiores xa estaban presentando síntomas evidentes de contaxio.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...