InicioSociedadeA área de Vigo suma máis de 600 casos activos de coronavirus

A área de Vigo suma máis de 600 casos activos de coronavirus

Tamén se contabilizan 95 persoas dadas de alta e 50 falecidos durante esta pandemia na Comunidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de diagnósticos de coronavirus na áera de Vigo ascende a 633 persoas, segundo informou a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

O número de casos activos en Galicia contabiliza 2.627: ademais dos casos na área de Vigo hai 597 na Coruña, 454 en Santiago, 371 en Ourense, 290 en Pontevedra, 219 en Lugo e 63 en Ferrol.

Galicia aumenta cada día e este sábado rexistráronse un total de 2.627 afectados, un 18,8% máis que o pasado venres; á vez que xa son 95 as persoas que foron dadas de alta, 28 desde o último boletín de actualización do venres.

Destas cifras informou este sábado a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, que a esta hora contabiliza 2.627 casos en activo: 633 na área de Vigo, 597 na Coruña, 454 en Santiago, 371 en Ourense, 290 en Pontevedra, 219 en Lugo e 63 en Ferrol.

O aumento de persoas contaxiadas do venres ao sábado é de 416 persoas, mentres que o crecemento que se deu do xoves ao venres era de 379 diagnósticos. Isto supón que o número de novos contaxios por día aumentou un 9,7%.

Ademais, tamén se contabilizan 95 persoas dadas de alta e 50 falecidos durante esta pandemia na Comunidade, que afecta o conxunto da Península na que xa se rexistran 72.248 casos.

ÚLTIMAS

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...

Críticas do PP e BNG de Vigo ao novo contrato do transporte urbano ao non incluír máis autobuses

O PP e o BNG de Vigo criticaron este martes o novo contrato do...

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...