InicioSucesosDeteñen en Mos a un mozo que saltou o confinamento e se...

Deteñen en Mos a un mozo que saltou o confinamento e se negou a ser identificado

O mozo foi trasladado a dependencias da Garda Civil onde foi finalmente identificado e onde se cumprimentaron as dilixencias para denuncialo ante o xulgado por desobediencia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Mos detiveron a un veciño desta localidade, de 19 anos de idade, por vulnerar o Real Decreto do estado de alarma, saltarse o confinamento e negarse a ser identificado.

Segundo informaron fontes municipais, os feitos ocorreron a última hora da tarde do mércores, cando a Policía Local acudiu a unha zona deportiva do barrio de San Eleuterio, tras recibir o aviso de varios de veciños, que viran na vía pública a un mozo.

Os axentes localizaron a este mozo que, ante os requirimentos policiais, negouse a identificarse e a volver ao seu domicilio. Finalmente, o mozo foi detido e trasladado a dependencias da Garda Civil onde foi finalmente identificado e onde se cumprimentaron as dilixencias para denuncialo ante o xulgado por desobediencia.

Desde que entrou en vigor o Real Decreto do estado de alarma, a Policía municipal mosense propuxo para sanción a 15 persoas por atoparse na vía pública (ben a pé, ou en coche) sen motivo xustificado.

LOCALIZAN UN HOME CON ORDE XUDICIAL DE INVESTIGACIÓN DE PARADOIRO

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a un home de 53 anos de idade, T.B.G., de nacionalidade alemá e sen domicilio coñecido, ao que localizaron deambulando por rúa e sobre o que pesaba unha orde xudicial de investigación de paradoiro.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste xoves, cando unha dotación do 092 que patrullaba pola rúa Colombia descubriu a este home camiñando pola beirarrúa.

Ao ser interrogado, este home sinalou que viña dunha casa ‘okupa’ e que se dirixía a unha farmacia. Ao cachealo, os axentes atopáronlle 12 pastillas de lorazepam e tres xiringas.

Así mesmo, ao consultar nas bases de datos, comprobaron que sobre el pesaba unha orde de investigación de paradoiro e domicilio, emitida polo xulgado de instrución número 2 de Vigo.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...