InicioSociedadeColaboración entre a UVigo e empresas privadas para producir pantallas protectoras para...

Colaboración entre a UVigo e empresas privadas para producir pantallas protectoras para sanitarios

Provedores de materia prima e ferramentas, centros de produción e medios loxísticos ofrecen a súa capacidade de fabricación e distribución de material mediante unha plataforma dixital na que se articula o proxecto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Investigadores da Universidade de Vigo (UVigo) colaboran con 35 empresas e organizacións españolas na produción de pantallas de protección facial que se cederán a centros sanitarios nos que traballen profesionais que traten a persoas con coronavirus.

Así o trasladou nun comunicado a Asociación de Industriais Metalúrxicos (Asime), que participa nesta iniciativa sen ánimo de lucro, denominada EscudoCovid19, como subministrador de material e movilizador do tecido empresarial galego. Deste xeito, provedores de materia prima e ferramentas, centros de produción e medios loxísticos ofrecen a súa capacidade de fabricación e distribución de material mediante unha plataforma dixital na que se articula o proxecto.

Mediante esta proposta, espérase entregar a centros de saúde e hospitais galegas as primeiras 1.000 pantallas durante a próxima semana. Así mesmo, estímase que se poderán producir uns 10.000 produtos para a comunidade e, mesmo, estender a produción a nivel nacional.

En concreto, o director do novo Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (Cintecx), José Luís Martínez Lastra, colaborou no proceso de deseño, produción e loxística destas pantallas xunto outros investigadores do centro e o campus Vigo Tecnolóxico.

Neste sentido, Martínez Lastra sinalou que, a través deste proxecto, a universidade buscou contribuír á sociedade “cunha implicación maior e directa”. Respecto dos produtos, detallou que o seu deseño minimalista “posibilita tempos de produción mínimos, en contraposición a outro tipo de procesos con tempos e prezos moi elevados”.

Así mesmo, o secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, explicou que esta entidade, que agrupa a unhas 600 empresas, puxo a súa capacidade produtiva e económica a disposición desta iniciativa para contribuír á loita contra esta pandemia, que, ao seu xuízo, débese levar a cabo a través da colaboración entre distintos axentes.

Ademais, as empresas da comunidade Troqueles Galicia, Valver e Dalot, así como a lusa KPfilms, fornecen materias primas e fabrican ferramentas para posibilitar que leve a cabo EscudoCovid19, en cuxas áreas de produción e loxística tamén participan.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...