InicioSociedadeXuíces de Familia fixan criterios para réximes de visitas de fillos en...

Xuíces de Familia fixan criterios para réximes de visitas de fillos en estado de alarma

Os maxistrados recoñeceron que a "necesidade de protexer a saúde de fillos e proxenitores" pode levar que sexa preciso modificar un réxime de custodia, visitas ou estancias e, deste xeito, "alterar ou suspender a execución de medidas acordadas ou o modo de adoptalas".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Xuíces de Familia de Vigo adoptou un acordo con criterios orientativos dirixidos aos maxistrados da zona en relación ao cumprimento de réximes de custodia e visitas de fillos menores durante a vixencia do estado de alarma decretado para previr a expansión do coronavirus.

Neste sentido, a xunta advertiu de que a vixencia do estado de alarma non implica a suspensión destes réximes dado que a paralización de prazos e a actividade dos xulgados non afecta á “obrigación xeral de cumprimento” das resolucións destes, segundo recolleu o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) nun comunicado.

Con todo, os maxistrados recoñeceron que a “necesidade de protexer a saúde de fillos e proxenitores” pode levar que sexa preciso modificar un réxime de custodia, visitas ou estancias e, deste xeito, “alterar ou suspender a execución de medidas acordadas ou o modo de adoptalas”.

Neste sentido, os xuíces consideraron que os pais deben acordar o sistema de custodia e visitas dos fillos, ademais de como garantir a súa saúde e a súa derehco a relacionarse con ambos os proxenitores.

RECOMENDACIÓNS

En concreto, as directrices adoptadas pola Xunta de Xuíces de Familia, que estes consideraron que non deben prevalecer sobre os acordos dos proxenitores, apuntan que, “salvo que concorran circunstancias concretas que o desaconsellen”, débense manter os intercambios nos casos de custodias compartidas. No entanto, sinalouse como “conveniente” a suspensión as visitas aos avós por representar un colectivo de risco para a transmisión do virus.

Adicionalmente, o acordo adoptado considerou procedente o mantemento das visitas de fin de semana no caso das custodias individuais, aínda que recomendou cancelar as visitas intersemanales. Tamén se incidiu na importancia de salvagardar a saúde das partes, en especial a dos menores, durante as entregas.

Así mesmo, para os casos nos que non leven a cabo as visitas reguladas, os xuíces remarcaron a importancia de que os proxenitores faciliten a comunicación dos nenos coa persoa coa que non convivan de modo telemático. Ademais, recomendouse compensar os períodos de visitas que non se puideron realizar tras o levantamento do estado de alarma.

Os maxistrados instaron aos pais a solucionar as súas diferenzas “evitando colapsar os xulgados” e remarcaron que os procedementos de jurisdición voluntaria débense reservar para “situacións de risco real para os menores”.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...