InicioSociedadeCúmprense os temores en Chapela: aumentan os casos de contaxio na residencia...

Cúmprense os temores en Chapela: aumentan os casos de contaxio na residencia de persoas dependentes

Hai un total de 5 casos confirmados incluindo á médico que os atendía. O equipo de traballadores califica as últimas 100 baixas laborais coma unha "fuxida de paxaros".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pasado martes 24 os coidadores do Centro de Atención para Persoas Dependentes (CAPD) de Chapela, xa denunciaban o risco ao que se estaban a expoñer por falta de medidas sanitarias. Un día despois, a través da información transmitida polos mesmos traballadores, Xornal de Vigo é coñecedor de novos casos positivos en coronavirus.

En total hai xa 5 casos confirmados -contando co primeiro- e 11 persoas illadas. Entre os infectados, destaca a médico que atendía aos enfermos. “Existen sospeitas de que pode haber algún traballador máis contaxiado. Hai quen pasa polas 3 plantas do centro“, argumenta un coidador do centro. “Enfermería e camareiras están indo por todas as plantas”, critica.

CEN BAIXAS LABORAIS

Xustificando o estrés da situación, un total 100 persoas colleron a baixa esta semana, tal e como aseguran as fontes consultadas. “Había que facerlle as probas e se non dan positivo no coronavirus deberían ter que ir a traballar. Imos a ter unha carga de traballo enorme“, sinala unha coidadora do centro. A causa, segundo a mesma traballadora é “porque son xente nova e non aguanta os casos cos que tratamos. Hai postos nos que xa houbo ata tres substitucións”. “É unha fuxida de paxaros”, conclúe.

INICIOUSE O DESINFECTAMENTO

Tras as críticas do persoal traballador e dos pais dos residentes, o centro xa comezou a desinfectar o CAPD. Ademais, o centro xa facilitou máscaras de protección “máis axeitadas” para o persoal da primeira planta do centro.

ÚLTIMAS

Aparece con vida e a 400 metros da súa casa o home desaparecido o luns no Porriño

Un veciño de 67 anos que faltaba do seu domicilio desde o mediodía do...

Caballero saca peito e presume de xestión: “Se hoxe houbese eleccións subiriamos 2 concelleiros e gañariamos a Deputación”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presumiu este martes de liderado municipal, e vaticinou:...

Abel Caballero acende “as luces de Nadal de todo o planeta”: Vigo estreará o seu espectáculo o 15 de novembro

A iluminación do Nadal de Vigo acenderase o próximo 15 de novembro, segundo desvelou...

O PP de Vigo contraataca con 39 enmendas para que os orzamentos sexan “realistas” e non “publicitarios”

O grupo municipal do PP rexistrou 39 emendas aos orzamentos de Vigo para 2026,...