InicioVigo e contornaO PorriñoDenunciadas 28 persoas no Porriño por infrinxir o confinamento

Denunciadas 28 persoas no Porriño por infrinxir o confinamento

Estes individuos deberán afrontar sancións de entre 601 e 30.000 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local do Porriño denunciou a 28 persoas durante a primeira semana na que estivo en vigor o estado de alarma por infrinxir o confinamento decretado no marco do mesmo.

Fontes do Consistorio detallaron que estes individuos deberán afrontar sancións de entre 601 e 30.000 euros cuxa tramitación e notificación será levada a cabo pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

En concreto, entre os infractores atópase unha persoa que foi sancionada en dúas ocasións por abandonar o seu domicilio para pasear en bicicleta. Así, foi localizado na Guía, en Atios, e no paseo do río Louro.

Mentres, denunciouse a un veciño que asegurou que saíra para acudir ao supermercado, aínda que non portaba ningunha bolsa e ningún produto con el, e a outro que afirmou que se dispuña a acudir a un caixeiro pero non levaba consigo nigunha tarxeta.

Así mesmo, tres mozos foron sorprendidos polos axentes mentres tomaban unhas bebidas que eles mesmos compraran na terraza dun bar pechado.

Ante esta situación, a Policía Local agradeceu, con todo, o comportamento da “maioría dos veciños” que respectan as restricións de mobilidade impostas.

ÚLTIMAS

7,1 millóns para o Casco Vello de Vigo e novas obras viarias e peonís en varias localidades

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno galego destinará ao Consorcio...

Caballero esixe á Xunta a devolución de Eiras pola “ineptitude” coas válvulas e o cesamento de Ángeles Vázquez

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este luns á Xunta a devolución da...

O catedrático Jacobo Porteiro, terceiro candidato ao Reitorado da UVigo

O catedrático na área de Máquinas e Motores Térmicos na Escola de Enxeñaría Industrial...

Caballero acusa á Xunta de “12 anos de atraso” na ETEA e critica agora as “présas” por asinar o convenio

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, censurou este luns as "présas" da Xunta para...