InicioSucesosUn 24 horas de Vigo enfróntase a unha multa de entre 3.000...

Un 24 horas de Vigo enfróntase a unha multa de entre 3.000 e 6.000 euros por vender alcohol á unha da mañá

PUBLICADO O

- Advertisement -

Á 00:55 horas horas do día 2 de xuño axentes da Policía Local de Vigo, que
patrullaban pola zona centro, observaron que dun establecemento 24 horas, saía un varón que portaba unha bolsa con bebidas, podendo ser algunha delas alcohólica.

Os Axentes achegáronse ao varón en cuestión, de 37 anos, mostrando o contido
da bolsa, sendo unha das bebidas, unha botella de whisky. Os Policías entraron no establecemento, e observaron dentro do mesmo a outros dous clientes, maiores de idade, e como a dependenta dispensaba a un deles un botella de refresco e outra de vodka, a cal intentou esconder tralo mostrador cando se decatou da presenza dos axentes.

Identificouse á dependenta do local, informándolle da prohibición de vender
alcohol a esa hora. Segundo a redacción da Lei Galega 11/2010 de 17 de decembro, sobre prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, e ademais da prohibición xeral de dispensa do alcohol a menores,  establécese a prohibición da venda de alcohol entre as 22:00 e as 09:00 horas do día seguinte.

Exclúese da prohibición anterior, a venda para o consumo nos propios
establecementos. Salvo nesa excepción, o incumplimiento do precepto anterior, é constitutivo dunha infracción grave, cuxa sanción económica discorre entre 3.005,07 e 6.010,12 euros (tres mil cinco euros e sete céntimos e seis mil dez euros con 12 céntimos); sanción á que se enfrontan os responsables do local.

Ás 22:58 horas dese mesmo día, un cidadán solicitara a intervención policial, informando de que localizara a unha menor na vía pública, co que parecía un coma etílico. A menor foi traslada a un centro hospitalario e informouse aos pais do suceso.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...