InicioCulturaO Festival de Cans seguirá "traballando" para que o certame se manteña...

O Festival de Cans seguirá “traballando” para que o certame se manteña para maio

A organización avanzou que actuarán "con prudencia" e que a protección da saúde será un criterio "irrenunciable" á hora tomar calquera decisión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A organización do Festival de Cans comunicou este mércores a súa intención de “seguir traballando” coa vista posta na celebración da XVII edición do certame, prevista do 19 ao 23 de maio, aínda que recoñeceu que non descarta aprazalo, e que todo estará condicionado a que haxa garantías sanitarias.

Así, o festival trasladou que a alerta sanitaria pola expansión do coronavirus mantén “en albas” á organización e que, tal e como se están desenvolvendo os acontecementos, non se pode “asegurar neste momento que a situación vaia a estar normalizada a finais de maio”.

Por iso, avanzaron que actuarán “con prudencia” e que a protección da saúde será un criterio “irrenunciable” á hora tomar calquera decisión.

A organización sinalou que está en contacto coas autoridades sanitarias e acatará as súas recomendacións. Así mesmo, lembrou que as restricións de mobilidade tamén poden afectarlles, xa que están previstos numerosos desprazamentos de cineastas e artistas de fóra de Galicia.

“Por tanto, a volta á normalidade será un requisito imprescindible para facer posible, desde o punto de vista loxístico, a celebración do Festival“, apuntaron desde a organización, e sinalaron que, en todo caso, tomarase unha decisión “no prazo máximo dun mes” sobre o mantemento ou non do certame.

Finalmente, expresaron o seu agradecemento ao persoal sanitario “pola súa dedicación e esforzo nestes momentos tan difíciles“, así como a súa “solidariedade” coas organizacións doutros eventos culturais e festivais que tiveron que ser cancelados pola alerta do coronavirus, especialmente co tres certames de cinema galegos suspendidos: Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) de Santiago de Compostela, Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay e Play-doc de Tui.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...