InicioSociedadeO Exército xa realizou recoñecementos nas zonas máis transitadas de Vigo

O Exército xa realizou recoñecementos nas zonas máis transitadas de Vigo

Reforzan a vixilancia e o cumprimento das restricións do estado de alarma, e encárganse de labores de desinfección e atención a persoas sen fogar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Exército de Terra iniciou nas últimas horas o seu despregamento nas cidades españolas, entre elas en Vigo, onde efectivos da Brilat xa realizaron recoñecementos por diversos puntos estratéxicos para “futuros patrullaxes”, segundo confirmou o Ministerio de Defensa, no marco das medidas extraordinarias postas en marcha para tratar de conter o avance da epidemia de coronavirus.

Así, a Compañía de Mando e Apoio do Batallón Zamora I/29 da Brilat realizou recoñecementos con unidades despregadas polas zonas máis transitadas de Vigo, e por porto, aeroporto, as dúas estacións de tren (Urzáiz e Guixar) e as prazas máis concorridas.

O alcalde, Abel Caballero, xa avanzara nas últimas horas que o Exército de Terra chegaría á cidade olívica para reforzar a vixilancia e o cumprimento das restricións do estado de alarma.

As Forzas Armadas despregáronse tamén noutras cidades, con presenza da Unidade Militar de Emerxencias en moitas delas, para labores de desinfección, ou para atención a persoas sen fogar.

ÚLTIMAS

A acampada de Vigo inicia o seu desmonte con concentracións para pedir vivenda para dez persoas sen fogar

A acampada pola vivenda de Vigo iniciou este domingo o proceso de desmonte do...

(Fotogalería) As mellores imaxes dunha noite máxica: Vigo acende o Nadal 2026

Vigo volveu converterse este sábado no epicentro do Nadal cun espectacular acendido que reuniu...

“Todo o planeta” xa pode gozar do Nadal de Vigo

A cidade de Vigo acendeu este sábado as súas luces para dar comezo así...

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...