InicioSociedadeTVE lanzará unha web de contidos educativos gratuítos para os cativos mentras...

TVE lanzará unha web de contidos educativos gratuítos para os cativos mentras dure o peche dos centros

O proxecto está Coordinado co Ministerio de Educación e Formación Profesional coa axuda de editoriais educativas, con contidos audiovisuais para nenos de 4 a 10 anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Clan lanza o luns 16 de marzo Educlan. Unha iniciativa que ofrecerá ás familias españolas recursos educativos de calidade que complementen os seus produtos de entretemento durante o período de suspensión das clases presenciais, medida adoptada no sistema educativo para frear a expansión do coronavirus.

Esta iniciativa, coordinada xunto ao Ministerio de Educación e Formación Profesional a través do INTEF (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación de Profesorado), conta coa colaboración desinteresada das principais editoriais educativas do país, que cederon unha selección dos seus mellores materiais educativos. Estes recursos buscan complementar os materiais implementados polas administracións educativas. As entidades que se implicaron nesta iniciativa son EDEBE, ANAYA, SM, McGraw Hill e Smile& Learn.

Os contidos agruparanse en tres canles: EduClan 3 a 5 anos, EduClan 6 a 8 anos e EduClan 9 a 10 anos.

As familias poderán atopar vídeos sobre as principais áreas curriculares: Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Lingua, Lóxica e Matemáticas, Artística, Idiomas, Educación Física, Tecnoloxías ou Convivencia. Esta nova canle espera contar con máis de 200 vídeos nos próximos días

Habilitarase unha páxina de información do proxecto onde se poderá atopar información sobre as empresas participantes, listaxe de recursos, formularios para participar en Educlan e un espazo de suxerencias.

É un proxecto aberto a todas as empresas do sector no que se esperan novas incorporacións nos próximos días.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...