InicioDeportesO partido do Celta co Villareal do sábado será a porta pechada

O partido do Celta co Villareal do sábado será a porta pechada

Tamén se cancelaron todos os voos directos con Italia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os partidos das dúas próximas xornadas de LaLiga Santander e LaLiga SmartBank, previstas para os fins de semana do 13-15 e do 20-22 de marzo, teranse que xogar a porta pechada pola ameaza do coronavirus, confirmou este martes LaLiga, que non descarta que a medida se poida alongar e que asegurou que traballa en “un plan alternativo”.

En Galicia, o Celta ten partido este sábado en Balaídos ás 21,00 horas en Balaídos contra o Vilarreal. En Segunda División, o Deportivo tamén xogará a porta pechada este sábado (21,00 horas) en Riazor contra o Sporting de Xixón. No caso do Lugo, será na seguinte xornada cando xogue en casa, será o 22 de marzo (16,00 horas) contra o Zaragoza.

VOOS

Por outra banda, o Consello de Ministros decidiu na súa reunión deste martes prohibir os voos directos entre Italia e os aeroportos españois como medida extraordinaria para conter a expansión do coronavirus. O acordo, que foi publicado nunha edición extraordinaria do Boletín Oficial do Estado (BOE), xustifícase en que “as comunicacións existentes entre Italia e España por vía aérea son numerosas, cun importante número de voos e de viaxeiros procedentes das zonas afectadas”.

Esta medida entra en vigor as 00,00 horas deste mércores, día 11 de marzo, e ata as 00,00 horas do mércores 25 de marzo, e establécese con carácter temporal, cun límite de 14 días que se poderá prolongar, co acordo da Comisión Europea por períodos adicionais non superiores a 14 días.

Ademais, debe ser avaliado periodicamente, téndose en conta a evolución da epidemia en Italia e as medidas que o Goberno de Italia aplique no seu territorio, co fin de valorar o restablecemento da normalidade en canto sexa posible.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...