InicioSociedade"Estable dentro da gravidade" o primeiro paciente de coronavirus de Vigo

“Estable dentro da gravidade” o primeiro paciente de coronavirus de Vigo

A súa muller e fillo, que tamén deron positivo, están illados pero o seu estado non reviste gravidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O home de 43 anos de idade hospitalizado co virus e cuxa muller e o fillo desta tamén foron confirmados con positivo, continúa na UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro “estable dentro da gravidade”.

Actualmente en Galicia, a Consellería de Sanidade confirmou seis casos positivos en Galicia, catro en Vigo –tres dunha mesma familia e o cuarto con vínculo estreito con ela– e dous na Coruña –sen relación entre si–. Fontes hospitalarias sinalaron a Europa Press que os outros pacientes con coronavirus confirmado en Vigo –unha nai e o seu fillo e unha persoa con vínculo con eles– continúan con vixilancia domiciliaria e evolucionan ben.

EN ESTUDO

Pola súa banda, polo menos nove casos seguen en estudo en Galicia. En concreto, na Coruña hai sete pendentes de confirmación. Cinco deles teñen un vínculo epidemiolóxico cun dos positivos confirmados nesta área, un home de 81 anos, e outros dous casos carecen de vínculo epidemiolóxico entre eles nin con ningún dos positivos, segundo indicou a Consellería de Sanidade, que investiga os contactos para previr novos contagios.

Mentres en Ourense, Sanidade ten pendente de confirmación por parte do Centro Nacional de Microbioloxía un caso importado que deu positivo nunha primeira proba. Corresponde a unha muller de 35 anos que imparte clases no colexio dos Salesianos da cidade das Burgas, que regresou hai uns días de Venecia. Non presenta sintomatología e permanece ingresada no Complexo Hospitalario de Ourense.

A eles súmase un noveno relativo a un home que este domingo ingresou no Hospital Montecelo de Pontevedra e do que Sanidade remitiu ao Centro Nacional de Microbioloxía de Madrid as súas probas para confirmar se presenta a infección por coronavirus.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- O gran showman de Vigo

Aos seus 77 anos en Vigo existe un showman ao cal, despois de varias...

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...