InicioSociedadeDetido en Vigo por agredir a súa exparella na vivenda dela, á...

Detido en Vigo por agredir a súa exparella na vivenda dela, á que accedeu rompendo a xanela

A muller foi socorrida polas persoas que a acompañaban.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un home de 42 anos de idade, J.M.R.S., como suposto autor dun delito de violencia de xénero e outro de violación, tras acceder á vivenda da súa exparella rompendo unha xanela, e tela agredido e ameazado.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do mércores, cando o 092 recibiu unha chamada, na que unha muller alertaba de que a súa exparella tentaba entrar no seu domicilio, na zona do Calvario.

Cando unha dotación chegou ao lugar, atopouse nun piso a dúas mulleres que inmobilizaban un home. Unha delas, explicou que o home era a súa exparella, co que mantivera unha relación ata o pasado mes de xaneiro.

Segundo o relato dela, estaba no seu domicilio cuns amigos cando escoitou un ruído de fractura de cristais. Ao dirixirse a outra estancia da casa, comprobou que a súa exparella rompera a xanela e se introducira na vivenda, momento en que a agarrou polo pescozo e a insultou e ameazou, pero a muller foi socorrida polas persoas que a acompañaban.

A outra muller explicou que acompañara o sospeitoso ata o domicilio da súa exparella e que se quedou no exterior. Así mesmo, corroborou que o seu amigo entrara na vivieda da súa exparella e ratificou a versión a vítima. Por estes feitos, o home, que é de Vigo, foi detido.

ÚLTIMAS

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Dous furtivos reinciden dúas noites seguidas mariscando ilegalmente en Teis

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a dous mariscadores furtivos que estaban a...