InicioSociedadeIllado un paciente en Vigo tras dar positivo por coronavirus nunha primeira...

Illado un paciente en Vigo tras dar positivo por coronavirus nunha primeira análise

Un paciente illado espera a confirmación do Centro Nacional de Microbioloxía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un paciente varón de mediana idade permanece illado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras dar positivo en coronavirus, un positivo aínda non concluínte que debe ser ratificado polo Centro Nacional de Microbioloxía, de Majadahonda.

Segundo informaron a Europa Press fontes hospitalarias, o paciente está illado nunha planta e os traballadores sanitarios xa foron informados dos protocolos que deben seguir.

Se se ratifica este caso de Vigo sumaríase ao xa confirmado este mércores como primeiro caso de COVID-19 en Galicia: o dun paciente de 49 anos que viaxou desde Madrid ata A Coruña nun servizo de coche compartido e que está hospitalizado no Chuac en estado grave, pero estable.

ÚLTIMAS

O RC Celta de Vigo multado con 5.000 euros por vender alcol nos palcos VIP

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...

Unha vivenda de 60.000 euros do condenado polo narcosubmarino para facer fronte a 25 millóns de mula

A Audiencia Provincial de Pontevedra sacou a poxa a vivenda de E.C.S.G, un dos...

O Porto de Vigo é “clave” para estar entre as comunidades máis exportadoras, segundo a Xunta

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, recoñeceu este martes que a...

“Hai silencios que doen”: Pepe Álvarez carga contra Rueda tras o ataque explosivo á sede de UGT en Vigo

A violencia contra unha organización sindical non pode quedar reducida a unha cuestión de...