InicioSociedadeA Garda Civil advirte dunha estafa por WhatsApp que ofrece "recomendacións" sobre...

A Garda Civil advirte dunha estafa por WhatsApp que ofrece “recomendacións” sobre coronavirus

A mensaxe suplantan ao Ministerio de Sanidade e a ligazón que conten poderían captar os datos privados dos usuarios como números de tarxetas ou contrasinais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil alertou de que está a circular unha mensaxe na que os ciberdelincuentes suplantan ao Ministerio de Sanidade para “dar supostas recomendacións contra o coronavirus”.

Ademais, a mensaxe inclúe unha ligazón que redirixe a unha páxina web na que supostamente se venden máscaras, segundo detallou o GDT da Garda Civil a través de Twitter.

A Garda Civil insta aos usuarios que reciban esta mensaxe a ignorala por completo.

Ata o momento descoñécese ao autor ou autores desta mensaxe. Este tipo de ataques son coñecidos como ‘phishing’, nos que os ciberdelincuentes tentan adquirir información confidencial das súas vítimas suplantando a identidade dunha fonte lexítima.

ÚLTIMAS

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...

Vigo homenaxeará a Baena e Sánchez-Bravo, últimos fusilados polo franquismo: “Despois de décadas de loita, imos vendo a luz”

O Concello de Vigo homenaxeará a Xosé Humberto Baena e José Luis Sánchez-Bravo, dous...

Caballero insiste en que Concello e Zona Franca fan máis vivenda en Vigo que a programada pola Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este mércores a visita realizada polo presidente...

O Laxeiro máis abstracto chega a Vigo nunha mostra con máis de 30 obras

A sede da Fundación Laxeiro en Vigo acolle desde este mércores e ata o...