InicioSociedadeA primeira 'Operación Quilo' do 2020 recolle 11.500 quilos de comida

A primeira ‘Operación Quilo’ do 2020 recolle 11.500 quilos de comida

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo recolleu o pasado fin de semana, na que foi a primeira ‘Operación Quilo’ do ano 2020, uns 11.500 quilos de alimentos, nunha acción solidaria na que participaron 80 voluntarios nos dous centros do grupo Alcampo na cidade olívica.

Esta recollida permitirá repor os produtos básicos que “xa escaseaban” nos almacéns do Banco de Alimentos, tanto en Vigo como en Pontevedra.

A próxima ‘Operación Quilo’ terá lugar o fin de semana do 6 e 7 de marzo, dentro da campaña O Zampakilos Solidario promovido nunha trintena de establecementos da cadea Vegalsa-Eroski.

A Fundación fixo un chamamento á participación, xa que necesita a “colaboración urxente” de 500 voluntarios. Para sumarse a esta iniciativa, é necesario inscribirse na web https://www.bancoalimentosvigo.org/about-us/solicitude-de-voluntariado/ ou chamar ao número de teléfono 986.26.30.22.

Esta ONG, que acaba de cumprir 25 anos de actividade, repartiu ao redor de 1,8 millóns de quilos de alimentos durante 2019, atendendo a 20.000 persoas desfavorecidas na provincia, a través das 150 entidades homologadas coas que traballa.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...