En Galicia hai 3.312 comunidades de montes veciñais en man común que ocupan unha superficie dunhas 665.000 hectáreas, a cuarta parte do territorio galego e case a metade da súa superficie forestal arborizada. Así o expoñen os datos do primeiro Anuario de Estatística Forestal de Galicia, editado pola Xunta a través da Consellería do Medio Rural, con datos actualizados a 2018.
Estamos ante un caso singular en España, onde esta forma de xestión comunitaria dos montes forma parte do acervo cultural dos galegos; unha tradición que garante a conservación da biodiversidade. Así o afirma un estudo de científicos adscritos ao Institut de Ciència i Tecnologia Ambientals de la Universitat Autònoma de Barcelona, Departamento de Biología de Universidad Autónoma de Madrid, Centro de Investigación en Biodiversidad y Cambio Global (CIBC-UAM) de Madrid e Institució Catalana de Recerca i Estudis Avançats (ICREA).
Segundo estes expertos, a xestión comunitaria de terras baseada é “útil para o mantemento de ecosistemas diversos e de alto valor ecolóxico”, ata o punto de que se demostrou que “o abandono dos sistemas comunitarios tradicionais afecta negativamente a biodiversidade” e “aumenta o risco de incendios”. É por iso polo que o modelo comunitario preséntase como unha garantía para a sustentabilidade dos montes galegos. De feito, comprobouse que “a propiedade tradicional baseada na comunidade superponse con áreas ricas en biodiversidade”.
Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.