InicioSociedadeUn irmán de Sinaí Giménez e outros seis acusados volven a xuízo...

Un irmán de Sinaí Giménez e outros seis acusados volven a xuízo polo roubo de cocaína a un grupo arousán

O Supremo ordenou repetir a vista na que foron condenados por estes feitos, por vulnerarse a imparcialidade do tribunal

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un dos irmáns de Sinaí Giménez (coñecido como o ‘rei dos xitanos’ de Galicia), Marino Giménez, e outros seis acusados (entre eles un exgarda civil) volverán sentar no banco dos acusados, como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas, despois de que o Tribunal Supremo ordenase repetir a vista na que foron condenados por estes mesmos feitos, en 2017.

A repetición dese xuízo fora fixada para decembro do ano pasado, pero tivo que aprazarse pola ausencia dun dos letrados defensores. Finalmente, a vista celebrarase na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, entre o 2 e o 5 de marzo.

AS PENAS ÁS QUE SE ENFRONTAN

Os feitos polos que sentarán no banco estes 7 acusados xa foron xulgados en 2017, momento no que se ditaron condenas que oscilaron entre os 7 anos e medio e os 4 anos de cárcere. Con todo, o Tribunal Supremo anulou ditas penas, por considerar que se vulnerou o principio de imparcialidade do tribunal (algúns maxistrados tiveron participación na resolución de recursos na fase de instrución) e ordenou repetir o xuízo.

A Fiscalía pide para Marino G.J. penas que suman doce anos de cárcere por ser cooperador necesario nun delito de tráfico de drogas, por integración en grupo criminal, e por tenencia ilícita de armas. Para o exgarda civil, Enrique P.M., pide un total de nove anos e medio de prisión, como autor dun delito de tráfico de drogas e outro de pertenza a grupo criminal; e para o resto de acusados solicita penas de cárcere que van desde os nove anos e medio ata os catro anos e medio de prisión.

ROUBO FRUSTRADO DUNHA PARTIDA DE COCAÍNA

Os feitos tiveron lugar a principios de 2014 cando, segundo o Ministerio Público, Marino G.J. (ao que considera xefe), Enrique P.M., Marcos G.B., Alfredo I.G. e Alfonso P.C. integraban un grupo criminal dedicado ao tráfico de drogas. O grupo ideou un plan para roubar unha partida de cocaína a outro grupo de narcotraficantes arousáns, para o que era indispensable a participación do entón axente da Garda Civil, Enrique, que debía simular un control policial e facilitar a subtracción da droga.

Así, concertaron unha cita en Poio (Pontevedra) cos outros dous acusados, Modesto D.A. e Benito O.O., que eran os provedores da substancia estupefaciente. Ata alí desprazáronse, nun coche Marcos e Alfonso para recoller a droga; mentres que Marino e Alfredo fixeron o mesmo para vixiar a operación e avisar a Enrique dos movementos do transporte cara ao Porriño, de maneira que este estivese prevido e puidese darlles o alto nas inmediacións dunha gasolineira en Mos.

O plan consistía en que, cando o garda lles dese o alto, Marcos (que traía a droga nun coche cos dous contactos arousáns) aproveitaría para subtraer o paquete de cocaína, de algo máis de medio quilo.

XA ESTABAN A SER INVESTIGADOS

Con todo, tal plan frustrouse, porque os acusados estaban a ser investigados pola Policía Nacional, que os interceptou no momento no que se dispuñan a simular ese control da Garda Civil e a apropiarse da cocaína.

Tras a detención, a Policía atopou, na casa de Marino G.J., en Tomiño (Pontevedra), unha pistola cos seus correspondentes cartuchos, un revólver de fogueo, tres navallas, 13 teléfonos móbiles (ademais dos outros dous que levaba encima no momento de ser arrestado), unha máquina de contar diñeiro e diversas cantidades de cocaína, heroína e cannabis.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- As competencias dos concellos

Ultimamente vemos como entre as distintas administracións vanse pasando a pelota das competencias e...

Vigo pide á Xunta “toda a información” sobre o túnel de Beiramar antes de convocar a Comisión

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este martes á Xunta de Galicia "toda...

Ferida unha octoxenaria tras ser atropelada nun parking público da rúa Manuel Álvarez

Unha octoxenaria resultou ferida na mañá deste mércores en Vigo tras ser atropelada nun...