InicioEconomíaZona Franca de Vigo e a embaixada de Cuba acordan cooperar en...

Zona Franca de Vigo e a embaixada de Cuba acordan cooperar en programas de intercambio comercial

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado de Zona Franca de Vigo, David Regades, e o embaixador de Cuba en España, Gustavo Machín, acordaron estreitar lazos de cooperación e colaborar en programas de intercambio comercial entre Galicia e Cuba, a través dos proxectos de internacionalización e parques empresariais do organismo estatal. Así o trasladaron tras manter un encontro, previo á celebración, en Baiona, do I Foro Iberoamericano Cuba-España.

Tras esa reunión, Regades e Machín explicaron que se constituirá unha mesa de traballo para sustanciar esa cooperación e, no prazo dun ano, revisaranse os resultados obtidos.

Ademais, explicaron que Cuba está interesada en atraer empresas galegas de alimentación, e ampliar negocios en sectores de enerxías alternativas, materiais de construción e actividades complementarias ao turismo, para o que brinda unhas condicións fiscais e económicas moi favorables na súa zona empresarial de desenvolvemento do Mariel.

Regades, pola súa banda, destacou que, actualmente, xa existen dúas empresas instaladas en Zona Franca que comercian con éxito na illa caribeña diques de amarre deportivos e sistemas de climatización e anunciou que o próximo día 29 de abril Zona Franca celebrará unha xornada específica sobre oportunidades de negocio no mercado cubano

Segundo lembrou, as exportacións galegas a Cuba case se duplicaron en poucos anos, pasando de preto de 16 millóns de euros a máis de 30 millóns. Segundo a base de datos do Ministerio de Industria, a comunidade galega conta con 128 empresas que venden os seus produtos regularmente a Cuba.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...