InicioEconomíaAs autoescolas de Pontevedra protestan contra as “infrahumanas” condicións laborais

As autoescolas de Pontevedra protestan contra as “infrahumanas” condicións laborais

O persoal das autoescolas da provincia de Pontevedra reclama melloras salariais e laborais. Denuncian tamén a precarización do sector durante os dez últimos anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Central Unitaria de Traballadores, CUT, mobilizou este mércores aos e ás traballadoras de autoescolas da provincia de Pontevedra, parando a súa actividade entre as 10 e as 13 do medio día do pasado mércores. En Vigo celebrouse unha manifestación para denunciar o estado de “precariedade que se vive dentro deste sector”. Na provincia de Pontevedra o número de persoas asalariadas dentro deste sector é de 150, con 110 autoescolas segundo a CUT

“Este sector xa era precario antes da crise aínda que se precarizou máis estes últimos anos” di Ricardo Castro da CUT. Antes da crise económica tapaban a situación con salarios elevados, coa crise as autoescolas reduciron prezos das tarifas por falta de clientela.

A precariedade salarial sumóuse á precaridade laboral. “Son condicións infrahumanas, as xornadas laborais empezan ás oito da mañá e acaban ás once da noite, se non dan unha clase non cobran por ela” di Castro. Tampouco dispoñen de vacacións remuneradas, “por tanto non son vacacións porque é suspender o contrato”. A nivel de saúde laboral non teñen doenzas recoñecidas, ademais de que para os convocantes esta é unha profesión de risco por estaren na rúa todo o día no medio do tráfico.

A nivel de organización, é unha profesión individualizada, porque cada quen traballa no seu coche, sen relación directa cos demais traballadores e traballadoras. No resto de Galicia non houbo folga de autoescolas, mais si se achegaron á de Pontevedra xente de Cataluña, Madrid e das outras provincias galegas.

A CUT apunta que socialmente a situación do persoal de autoescolas é insostible. Sinalan que o pagamento das prácticas de coche non repercuten como deberan no salario das persoas instructoras. “Isto pode levar a unha mobilización xeral en todo o Estado porque existen as mesmas problemáticas” din desde a CUT.

Outra das incidencias que repercute sobre o sector son as competencias en prezos por práctica entre autoescolas. “Aínda que se protestou por esta política, estase aplicando pola porta de atrás” di a CUT. “O sector está moi atomizado con pequenas compañías que poden ser cualificadas de piratas”.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...