InicioSociedadeUn edificio do Berbés converterase en albergue de peregrinos para promocionar o...

Un edificio do Berbés converterase en albergue de peregrinos para promocionar o Camiño Portugués

O Concello reclámalle ao Consorcio a cesión de terreos na contorna da Panificadora.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello de Administración do Consorcio Casco Vello de Vigo (organismo participado nun 90 por cento pola Xunta e nun 10 por cento polo Concello olívico) aprobou este xoves por unanimidade ceder un edificio no Berbés a Turismo de Galicia por 40 anos, para a construción dun albergue de peregrinos.

Así o explicou en rolda de prensa o presidente do Consorcio e delegado territorial do goberno galego, Ignacio López-Chaves, quen destacou que esta iniciativa impulsará aínda máis o Camiño Portugués pola Costa. De feito, lembrou, esta é a ruta xacobea que rexistrou maior incremento no número de peregrinos nos últimos anos.

A parcela que se cederá conta con dúas edificacións conectadas e teñen fachada na Ribeira do Berbés, onde se proxecta aumentar unha planta, e na rúa Peñasco, onde o edificio conservará a altura actual, en consonancia cos inmobles da contorna.

Dado que os inmobles contan con protección, o proxecto de rehabilitación deberá conservar as fachadas orixinais. Así, a ampliación dunha segunda planta realizarase mediante muros de pedra, mantendo a coherencia estética.

O futuro albergue, que estará listo antes do próximo Ano Xacobeo, contará con 90 prazas e será Turismo de Galicia a institución encargada da súa rehabilitación, cun investimento previsto de case un millón de euros. Esta actuación súmase a outras levadas a cabo pola Xunta para impulsar o Camiño Portugués pola Costa e o Camiño Portugués, como o acondicionamento dos itinerarios ou a mellora da sinalización.

CONTRAPARTIDA

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, recalcou que a posición do Concello foi “determinante” para que a cesión do edificio do Berbés fose aprobada, xa que o Consorcio Casco Vello “funciona por unanimidades”.

A ese respecto, sinalou que o consistorio reclamará ao Consorcio que “aplique as mesmas normas e os mesmos criterios” co goberno municipal e acceda a ceder gratuitamente, por 99 anos, os terreos que se atopan entre a Praza do Rei e a Panificadora.

Trátase de terreos do Consorcio que, como sinalou Caballero, forman parte do conxunto da Panificadora e, por tanto, do proxecto de rehabilitación desa contorna.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...