InicioSucesosNovo caso de violencia de xénero, detido tras agredir á súa parella...

Novo caso de violencia de xénero, detido tras agredir á súa parella e tirala por un desnivel de dous metros en Teis

Ao empurrala por unha pendente, ela caeu nunuhas ortigas, provocándolle reaccións físicas. Comprobouse que o home que a acompañaba era o agresor, polo que foi detido a pesar de negar os feitos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 48 anos, D.G.A., foi detido tras agredir á súa parella e tirala por unha pendente duns dous metros en Vigo.

Segundo trasladaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar este martes sobre as 18:27 horas, cando os axentes foron alertados de que un posible caso de violencia de xénero tivera lugar en Teis. Mentres se desprazaban á zona, recibiron outra chamada dun requiriente que asegurou presenciar como un home agredira a unha muller, déralle unha patada e tirouna por un desnivel.

Unha vez no lugar, os policías observaron que unha muller de 39 anos atopábase tendida no chan e acompañada por un home. Tamén había unha multitude de persoas aglomeradas ao redor dela.

Posteriormente, os funcionarios atenderon á vítima, que presentaba feridas en zonas visibles do seu corpo. Ademais, esta persoa relatou que, durante o transcurso dunha discusión, a súa parella agrediuna e tirouna por unha pendente. Isto provocou que caese sobre unhas ortigas.

Dado que o estado de nerviosismo e o picor dificultaban que a muller aclarase detalles sobre a agresión, unha testemuña indicou aos axentes que observara como un home lle deu unha patada nas pernas a esta perso. Tras suxeitarllas, tiráraa polo terraplén. Comprobouse que o home que a acompañaba era o agresor, polo que foi detido pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero a pesar de negar os feitos.

ÚLTIMAS

Vigo súmase ás acampadas pola vivenda cunha protesta “indefinida” na Alameda

Unha vintena de persoas sumáronse nas últimas horas en Vigo ás acampadas pola vivenda...

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...