InicioEconomíaA Xunta analiza con veciños e comerciantes de Vigo o proxecto de...

A Xunta analiza con veciños e comerciantes de Vigo o proxecto de mellora da PO-330

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, analizou o proxecto de mellora da seguridade viaria na PO-330 ao seu paso por Vigo xunto a representantes da Asociación de Comerciantes de Pereiró e a Asociación de Veciños de Valadares.

Segundo trasladou a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, tamén participaron no encontro, que tivo lugar na cidade olívica este luns.

En concreto, esta iniciativa conta cun orzamento de 1 millón de euros e contempla a mellora da seguridade viaria na estrada que une Vigo e Vincios entre os puntos quilométricos 5+700 e 6+800, en Valadares, así como a urbanización da contorna de Pereiró.

Tamén se creará un paso de peóns desde o punto quilométrico 3+210 ao centro na zona do Colexio Barreiro e tomaranse medidas para reducir o tráfico. Ademais, no punto quilométrico 4+300, en O Portal, acometerase a instalación dunha glorieta co obxectivo de facilitar o acceso á piscina e os cambios de sentido no viario. Así mesmo, dotarase á área dun muro de contención e canalizarase parte dun regato.

ACTUACIÓNS

Adicionalmente, a intersección da vía coa estrada A Garrida-Valadares contará cunha glorieta dado o gran nivel de tráfico de vehículos pesados que presenta pola súa proximidade a dous polígonos industriais, unha canteira, o miradoiro do monte Alba e a AG-57.

O proxecto tamén inclúe a execución dun carril central de espera na parroquia de Valadares, entre os puntos quilométricos 6 e 6+700, para facilitar un acceso seguro a un colexio da zona. Ademais, melloraranse as beirarrúas, a sinalización e a iluminación dos pasos de peóns da PO-330.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...