InicioSociedadeUnha sentenza falla contra Mos e avala o requisito do empadroamento para...

Unha sentenza falla contra Mos e avala o requisito do empadroamento para beneficiarse da Pass Vigo

O xuíz "dubida" sobre "cales son eses graves problemas" que Mos argumenta que sofren os seus veciños ao non poder beneficiarse das bonificacións de Vigo.

PUBLICADO O

O xulgado número dous do Contencioso-Administrativo de Vigo considera válido o requisito de empadroamento para que o usuario do transporte público urbano poida beneficiarse das bonificacións de desconto co cartón PassVigo.

Así o ditaminou o poder xudicial a través dunha sentenza que rexeita o recurso presentado polo Concello de Mos no que impugnaban a existencia deste requisito de empadroamento por ser “un criterio vulnerador do artigo 14 da Constitución española”.

No documento do xulgado número dous desestímase esta reclamación por dous motivos. Primeiro porque considera que o Concello, como ostentador de poder público, só podería actuar fronte a outra administración en defensa do interese xeral e o xuíz “dubida” sobre “cales son eses graves problemas” que Mos argumenta que sofren os seus veciños ao non poder beneficiarse das bonificacións de Vigo.

Ademais, o maxistrado aludiu á extemporaneidade do recurso presentado, xa que se fixo “fóra de prazo”. Segundo explica a sentenza, o Concello de Vigo aprobou en pleno municipal, en 2014, as condicións que os usuarios do transporte público debían cumprir para gozar dos descontos de prezos.

Con todo, non foi ata 2018 cando o Concello de Mos se personou contra esta causa por considerar que vulnera o principio de igualdade. Por este motivo, o xuíz determinou que a administración local de Mos non pode xa interpor un recurso contra unha acción que se fixo pública catro anos antes e que, aínda que se revisou en 2017, mantén “intacta” a esencia da proposta aprobada.

Por outra banda, esta sentenza rexeita a premisa de que o dereito da igualdade vese vulnerado neste caso, xa que aínda que o transporte público é de “acceso universal”, os servizos públicos municipais “asisten” aos veciños de cada localidade.

A súa universalidade debe garantirse, “pero non ten por que ser necesariamente o mesmo dereito, da mesma forma” para os veciños do propio municipio e os doutros.

ÚLTIMAS

Traballadores de ambulancias de Vigo, Cangas e Moaña: “Á Xunta só lle interesa prestar un servizo o máis barato posible”

Traballadores da empresa Ambulancias do Atlántico, concesionaria do servizo de transporte sanitario e urxente en...

O Concello de Vigo fala de decisión técnica sobre a paralización da talla da Falperra e non de presión veciñal

O Concello de Vigo remitiu este xoves un comunicado aos medios no que asegura...

Un home resulta ferido grave ao botarse desde un cuarto piso en Vigo

Efectivos do 061 trasladaron a un home que resultou ferido grave tras precipitarse desde...

Unha concentración de veciños na rúa Falterra logra impedir a talla de acacias negras programada polo Concello

Membros da plataforma Amigas das Árbores e outros colectivos veciñais e ecoloxistas concentráronse este xoves na...