InicioPolíticaO BNG negociará co Goberno ampliar a concesión do estaleiro vigués Vulcano

O BNG negociará co Goberno ampliar a concesión do estaleiro vigués Vulcano

Tanto Luís Bará como o concelleiro do BNG no Concello de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, volveron a criticar a actitude da Xunta de Galicia. Esta actúa como "liquidadora" do estaleiro vigués, en lugar de implicarse na súa supervivencia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Bloque usará “a súa forza para negociar” co Goberno que “favoreza a ampliación da concesión” dos terreos do estaleiro vigués Vulcano. Un factor “clave” para garantir a viabilidade de calquera proxecto que pretenda manter a actividade industrial nesas instalacións.

Así o trasladou o deputado autonómico nacionalista, Luís Bará, quen lembrou que, en virtude do acordo de investidura pactado co PSOE, o BNG reclamará ao Goberno central que concrete o seu compromiso de apoio ao sector naval, e que permita manter a concesión ata 2027, como factor determinante para que un grupo empresarial aposte por reactivar a actividade de construción e reparación naval nesa bancada centenaria.

“Un elemento clave vai ser a posición que tome o Estado en relación coa concesión”, sinalou, en alusión ao informe solicitado polo Porto ao Consello de Estado sobre a devandita concesión, e no marco dun proceso de liquidación de Vulcano, que agora está paralizado en tanto non se resolva esa cuestión (de feito, o Porto presentou un recurso na Audiencia Provincial para reclamar esa paralización).

Por outra banda, tanto Luís Bará como o concelleiro do BNG no Concello de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, volveron a criticar a actitude da Xunta de Galicia. Esta actúa como “liquidadora” do estaleiro vigués, en lugar de implicarse na súa supervivencia.

“PARARLLE OS PÉS” A LÓPEZ VEIGA

A ese respecto, lamentaron que nin o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nin a delegada territorial do goberno autonómico, Corina Porro, ambos os membros do Consello de Administración do Porto, fosen “capaces de pararlle os pés” a Enrique López Veiga, presidente da Autoridade Portuaria.

Segundo incidiron, “hai un proxecto para Vulcano, que se debe estudar e apoiar“, en alusión á proposta do grupo Vicalsa para investir 10 millóns nas instalacións e manter a construción e reparación naval. “A Xunta non pode ver os touros desde a barreira”, engadiu Luís Bará, que volveu a reclamar a intervención pública no estaleiro.

Finalmente, lembraron que, nas eleccións galegas do próximo 5 de abril, ábrese a oportunidade de evitar a liquidación de Vulcano, “liquidando e dándolle a liquidación” ao goberno de Núñez Feijóo.

COMITÉ DE EMPRESA

Pola súa banda, o presidente do comité de empresa de Vulcano, Nicolás Sangabriel, confirmou que o persoal segue sen ter noticias do proceso de liquidación, que segue parado á espera do informa o Consello de Estado e do recurso do Porto ante a Audiencia Provincial En calquera caso, recalcou que o comité pide “a dimisión inmediata” do presidente do Porto de Vigo, e reclama a retirada do recurso ante a Audiencia Provincial.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...