InicioSociedadeCondenada a tres meses de afastamento a nai que maltratou ao seu...

Condenada a tres meses de afastamento a nai que maltratou ao seu fillo polas notas

Aplicóuselle á muller, V.C.C., a atenuante analóxica moi cualificada de alleamento mental en "atención á difícil situación persoal, por problemas familiares e económicos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado do Penal Número 1 de Vigo condenou a unha nai a tres meses de afastamento do seu fillo e ao pago dunha multa por maltratar ao menor debido ás malas notas  e a outros problemas domésticos.

Este xulgado vigués acolleu este mércores unha vista a porta pechada na que a defensa e a Fiscalía chegaron a un acordo á vista dun informe da Xunta achegado pola nai no que se certifica que a situación familiar normalizouse e que, de feito, a acusada e o seu fillo están a convivir.

Así, aplicóuselle á muller, V.C.C., a atenuante analóxica moi cualificada de alleamento mental en “atención á difícil situación persoal, por problemas familiares e económicos”, indicaron fontes xudiciais consultadas, que atravesaba no momento dos feitos.

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, que inicialmente pedía penas que sumaban case tres anos de cárcere, a nai someteu ao neno a “constantes vexacións e malos tratos físicos, propinándolle labazadas inxustificadas” e chamándolle “burricán” e “don ninguén”. Nun dos episodios relatados golpeou ao menor nun ollo e foi esa a lesión que activou a alarma da profesora do neno, que o levou a un centro médico.

MULTA

Tras o acordo alcanzado este mércores, a acusada aceptou unha condena de dous meses de prisión (que se substitúen por catro meses de multa) por un delito de malos tratos habituais. Por ese delito tamén se lle prohibe achegarse ou comunicarse co seu fillo durante un mes e aplícaselle a prohibición de uso ou tenencia de armas durante un ano e medio.

Por outros dous delitos de malos tratos non habituais foi condenado a dez días de traballos comunitarios, dous anos de prohibición de tenencia e uso de armas e outros dous meses de afastamento do menor.

Fontes xurídicas avanzaron a posibilidade de que a defensa da muller solicite o indulto con respecto ás penas de afastamento.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...