InicioSucesosUn veciño de Mos que quintuplicaba a taxa de alcol sae ileso...

Un veciño de Mos que quintuplicaba a taxa de alcol sae ileso dun accidente

O home saíuse da vía e o vehículo quedou nunha situación perigosa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga penalmente un veciño de Mos, de 56 anos, ao que lle realizaron a proba de alcoholemia despois de sufrir un accidente de circulación e deu que quintuplicaba a taxa permitida.

Os feitos sucederon sobre as 18,30 horas do pasado xoves, día 6, á altura do quilómetro 11,200 da vía de servizo da A-55, nas proximidades de Tameiga, cando o turismo que conducía este veciño de Mos se saíu da vía.

Cando chegou a patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño ao lugar do sinistro comprobou, segundo informa nun comunicado, “a perigosa situación na que quedara o vehículo sobre un desnivel do terreo”, en tanto que o condutor e único ocupante se atopaba fóra do turismo sen lesións aparentes.

Ao realizarlle a proba de alcoholemia púidose comprobar que daba resultado positivo “quintuplicando a taxa permitida”, polo que se lle notificou a súa condición de investigado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. As dilixencias instruídas neste caso entregáronse no Xulgado de Instrución de garda do Porriño.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...