InicioSociedadeVigueses protestan contra o uso de cans na caza

Vigueses protestan contra o uso de cans na caza

A cidade sumouse á convocatoria en toda España.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Centos de persoas participaron este domingo en Vigo, e tamén na Coruña, nas manifestacións da plataforma ‘Non á Caza’ para protestar contra a caza con galgos e toda actividade cinexética en xeral.

Segundo explicou Tania Rodríguez, coordinadora da plataforma en Vigo, a participación nesta cidade alcanzou a cifra de 400 asistentes, o que implica que “se duplicou” con respecto as protestas de anos anteriores, que eran realizadas en Pontevedra.

Sinalou que convocaron estas manifestacións en contra da caza con galgos –no caso de Galicia con podencos– en febreiro por ser unha época “horrible” para estes cans por coincidir co fin de tempada. A coordinadora indicou que España rexistra sobre 50.000 abandonos ao ano e que a finais do pasado 2019 “xa tiñan moitos”.

Ademais, Tania Rodríguez explicou que ao terminar a manifestación realizaron a lectura dunha poesía e dun manifesto de forma unánime nas 39 manifestacións convocadas pola plataforma NAC no país. En concreto, a actriz e concelleira de Igualdade no concello de Vigo, Uxía Blanco, foi a encargada da lectura do poema.

Así mesmo, a coordinadora subliñou que son unha plataforma “apolítica”, aínda que nas manifestacións participaron os partidos Más País, Equo e Pacma, ademais de asociacións como o colectivo animal Touradas Fóra de Pontevedra, avogados animalistas e protectoras consolidadas destas dúas provincias.

No caso da Coruña, a Asociación Animalista Libera indicou que participaron na protesta unhas 150 persoas que berraron consignas polo “fin da caza con cans”. Neste caso, a organización mencionou que entre os asistentes había membros de Equo, BNG e o deputado de Galicia en Común no Congreso Antón Gómez Reino.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...