InicioSociedadeÉxito do biomaterial para a rexeneración ósea obtido dos tiburóns por...

Éxito do biomaterial para a rexeneración ósea obtido dos tiburóns por investigadores da UVigo

Será comercializado pola multinacional médica Ziacom.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A multinacional médica Ziacom comercializará un biomaterial destinado á rexeneración ósea que foi deseñado no marco do proxecto Biofast, que leva a cabo un grupo de investigación da Universidade de Vigo (UVigo).

Segundo precisou a universidade nun comunicado, a distribución será posible grazas a un acordo asinado pola multinacional, especializada no deseño e fabricación de implantes e produtos para cirurxía bucal, maxilofacial e biomateriales, e a UVigo. Así, este foi o primeiro acordo de licenza que permitirá comercializar os resultados de proxectos apoiados polo programa Ignicia da Axencia Galega de Innovación (GAIN) no que colabora a Fundación Barrié.

En concreto, o Grupo de Novos Materiais, que dirixe o catedrático Pío González, deseñou o biomaterial que se comercializará a partir de dentes de quenlla. Esta iniciativa forma parte do proxecto Biofast, que, á súa vez, se enmarca nunha iniciativa europea que busca valorizar descartes e recursos pesqueiros.

Deste xeito, a experiencia do grupo de investigación en materiais cerámicos e a utilización de pequenas quenllas descargadas no porto de Vigo permitiron aproveitar os dentes desta especie para obter cerámicas biocompatibles. Así, buscouse que estes materiais permitisen recuperar tecido óseo antes de colocar un implante, así como para tratar ósos danados por un cancro ou fracturas.

Os ensaios en vitro e as probas realizadas en pequenos animais mostraron que este material, ademais de contar con características fisicoquímicas similares ao tecido óseo, era biocompatible e non presentaba signos de toxicidade. Así mesmo, comprobouse a súa capacidade para promover a rexeneración ósea ao nivel doutros produtos que se comercializan na actualidade.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...