InicioSociedadeEn marcha os preparativos dun 8M que poñerá os coidados no centro...

En marcha os preparativos dun 8M que poñerá os coidados no centro da reivindicación

O colectivo feminista Galegas8M tamén convoca outra cita importante o 1 de marzo en Verín para solidarizarse coa loita das mulleres da comarca contra o peche do paridoiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O colectivo feminista Galegas8M de Vigo vén de informar que os grupos de traballo de cara á convocatoria do 8 de marzo do 2020 comezarán a activarse axiña na cidade. A través dun comunicado, adiantan que ademais da mobilización, como de costume, tamén se desenvolverán diferentes actividades ao longo de Vigo durante a xornada do 8M, Día Internacional da Muller.

Ademais, o 1 de marzo convocan outra cita importante, desta vez en Verín. Trátase dunha “manifestación nacional” que busca transformar esta vila na capital do feminismo galego para solidarizarse coa “loita exemplar” que desempeñaron as mulleres de Verín fronte á “privatización e precarización dos servizos de saúde”. O colectivo refírese así á decisión do Sergas de pechar o paridoiro e as urxencias pediátricas que daban servizo a todas as mulleres da contorna e ás súas crianzas. Consideran esta unha “decisión patriarcal baseada en criterios políticos e económicos”.

OS COIDADOS, NO CENTRO

E fronte a esta “violencia institucional” exercida durante meses, instan a poñer os coidados no centro das reivindicacións feministas, tanto na mobilización nacional do 1 de marzo coma nas locais do vindeiro 8 de marzo. “Porque o traballo de coidados debe ser o centro e motor da vida, visibilizaremos o que está invisibilizado”, reivindican no escrito. “Porque a meirande parte do traballo dos coidados realízase sen remuneración ningunha, e cando son remunerados, realízanse en condicións de precariedade”, proseguen.

Xa que logo, baixo o lema ‘Sen coidados non hai vida’ denunciarán tamén a “dominación e a destrución da natureza por parte do capitalismo e do patriarcado”. No canto, apostan por recuperar toda esa rede de produción, distribución e consumo ecolóxico, solidario e
responsable que durante séculos impulsaron as mulleres no rural galego, que “combateron a espoliación do noso territorio, dos nosos bens naturais”.

Dende o colectivo Galegas8M non dubidan en que o camiño para acadar un mundo xusto e igualitario está en continuar sendo “insubmisas, rebeldes, e loitadoras”.

O COLECTIVO GALEGAS8M

Galegas8M naceu hai tres anos coa idea de repensar o 8 de marzo en clave galega,
diversa, inclusiva e horizontal. Así, diversos colectivos feministas e mulleres individuais de toda Galicia tecen rede e comezaron a traballar na organización dunha mobilización nacional, que fose quen de unir a diversidade do feminismo galego baixo o paraugas da Asemblea Galegas 8M.

ÚLTIMAS

Papá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Miles de papanoeles en moto déronse cita, un ano máis, este sábado para percorrer...

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...