InicioSociedadeDesviado a Vigo un voo con destino Santiago por fortes ventos

Desviado a Vigo un voo con destino Santiago por fortes ventos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un voo cuxo destino era o aeroporto compostelán de Lavacolla foi desviado este luns á terminal de Vigo debido a fortes ventos.

Segundo detallaron fontes de Aena, trátase do voo 2654 de Vueling, que operaba unha conexión entre Málaga e a capital galega.

En concreto, a aterraxe estaba prevista ás 13,20 horas en Lavacolla, pero os fortes refachos de vento provocaron que, a pesar de que a aeronave se desviase a Peinador, a súa chegada se atrasase ata as 13,34 horas.

Mentres, o xoves pasado, o temporal provocou que fose un voo Madrid-Vigo de Iberia o que tivo que aterrar no aeroporto de Santiago de Compostela debido ao temporal rexistrado.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...