InicioSucesosDetido un veciño vigués por perseguir e ameazar un menor para roubarlle

Detido un veciño vigués por perseguir e ameazar un menor para roubarlle

O sospeitoso foi localizado na zona do Berbés onde cometera o delito algo máis dunha hora despois.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un veciño da cidade, C.O.O., de 18 anos de idade, como presunto autor dun delito de roubo con violencia en grao de tentativa, tras perseguir e ameazar a un menor para que lle entregase todo o que levaba.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde do xoves, cando un home chamou á Policía para informar de que se atopaba na zona do Berbés, xunto a un menor, que se refuxiou nunha obra porque un individuo o perseguía para roubarlle.

Cando chegaron os axentes, o menor (un neno de 14 anos de idade natural de Colombia) explicou que ía camiñando pola rúa e que se decatou de que un individuo o perseguía. Ao apurar o paso, ese individuo abordouno e esixiulle, ameazándoo gravemente, que lle entregase todo o que tiña.

Dado que o menor non levaba nada de valor encima, o asaltante cominoulle a que lle entregase a cazadora e, cando o neno se estaba desposuíndo da peza, aproveitando un descoido do ladrón (que se distraeu vixiando a contorna), fuxiu á carreira e refuxiouse nunha obra.

Os axentes acompañaron ao neno ao seu domicilio, onde quedou a cargo da súa nai, e iniciaron a procura do sospeitoso, grazas á descrición que fixeron a vítima e o home que lle axudou.

Finalmente, o sospeitoso foi localizado nesa mesma zona algo máis dunha hora despois. O home que acompañara ao menor, e que se atopaba na zona, recoñeceuno, polo que foi detido por un delito de roubo con violencia en grao de tentativa.

ÚLTIMAS

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...