InicioVigo e contornaVigoParalizado o canon que o Concello debe pagar á Xunta polo mantemento...

Paralizado o canon que o Concello debe pagar á Xunta polo mantemento da presa de Eiras

Abel Caballero volveu a criticar que se esixa o pago deste canon e reclamou a titularidade do encoro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Económico Administrativo de Galicia paralizou o pago do canon que debe abonar o Concello de Vigo á Xunta polo mantemento da presa de Eiras. Así o trasladou este luns en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, quen precisou que o tribunal aceptou o recurso interposto polo goberno local contra o pago de 655.000 euros que reclama o Executivo autonómico polo mantemento do encoro.

Deste xeito, o abono do importe permanecerá suspendido ata que se emita a resolución definitiva por parte do tribunal. A ese respecto, Abel Caballero volveu a criticar que se esixa o pago deste canon e reclamou a titularidade do encoro. Por outra banda, o rexedor olívico comprometeuse a non elevar o valor catastral dos inmobles urbanos en 2020 a pesar da actualización aprobada polo Consello de Ministros que o permite.

BALANCE DE 2019

Noutra orde de cousas, Abel Caballero fixo balance das actuacións levadas a cabo durante este ano polo goberno local e fixo fincapé nas máis de 100 humanizacións acometidas. Así, destacou que, neste momento, atópanse en execución obras por valor de 108 millóns de euros.

Tamén destacou que se aprobaron uns orzamentos para 2020 cuxo importe ascende a 268 millóns de euros, un 40% máis que cando accedeu á Alcaldía, e sinalou o crecemento do turismo rexistrado na cidade. Achacouno á promoción da iluminación do Nadal e da candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade da Unesco.

ÚLTIMAS

“O Concello aínda ten moitos deberes”: o PP esixe a Caballero os proxectos completos do Mundial 2030

A candidatura de Vigo para converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol de...

Salvan a vida dun estibador que sufriu unha parada cardíaca nun barco en Vigo: varias descargas dun desfibrilador lograron recuperar o seu pulso

Nunha parada cardíaca, os primeiros minutos poden marcar a diferenza entre a vida e...

Vigo cruza peticións de dimisión: o PP reclama cesar a Pardo e o PSOE apunta a tres conselleiros da Xunta

O futuro do transporte público de Vigo converteuse nun novo motivo de confrontación entre...

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...