InicioEconomíaComo conseguir que sobreviva o mexillón en Galicia ante o incremento da...

Como conseguir que sobreviva o mexillón en Galicia ante o incremento da temperatura do océano

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un proxecto no que colaboran Anfaco-Cecopesca e a Universidade de Vigo (UVigo) buscará desenvolver métodos de baixo custo e escalables para mellorar a supervivencia e o rendemento das sementes do mexillón.

Segundo trasladou Anfaco-Cecopesca nun comunicado, a iniciativa, denominada ‘Musselect‘, contará así coa participación da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT). En concreto, no marco do proxecto ensaiaranse e validarán diferentes metodoloxías innovadoras para reducir a dependencia das microalgas vivas cultivadas in situ e substituílas por produtos concentrados e liofilizados.

Tamén se buscará mellorar os métodos que permitan trasladar a semente do mexillón ao medio natural no menor tempo posible paraUnha investigación da Uvigo trata de reducir os custos relativos á alimentación e o tratamento e acondicionamento da auga.

Adicionalmente, seleccionaranse reprodutores con características de alto crecemento e resistencia a condicións adversas para iniciar estirpes de mexillón melloradas. Este proxecto foi motivado polo incremento da temperatura do océano e a súa acidificación, que poden ameazar a produción do mexillón en Galicia. Ante esta situación, buscouse adaptarse a estas alteracións nas condicións do medio natural mediante unha selección xenética de familias que presenten características de crecemento elevado ou resistencia a determinadas condicións ambientais, o que mellorará a cota de produción na comunidade.

Ademais, buscouse reducir a dependencia das sementes naturais para poder mellorar as súas características e evitar o condicionamento temporal da produción que levan.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...