InicioSociedadeFeijóo sobre as luces de Vigo: "As cousas que duran semanas son...

Feijóo sobre as luces de Vigo: “As cousas que duran semanas son moito máis baratas, pero inútiles”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, rexeitou valorar “a competencia en espectáculo” que, ao seu modo de ver, manteñen cidades como a de Vigo (coas luces) ou o polémico belén de Ourense, e defendeu que a el o que lle interesa é o impulso de “cambios estruturais nas cidades” e “mellorar a vida da xente“.

“Non me interesa o que se apaga e se acende nun determinado momento do ano, senón o que permanece”, dixo o presidente galego, antes de precisar que “as cousas que duran semanas son moito máis baratas, pero inútiles“.

“E interésanos o útil, o que queda e o que produce rendibilidade a curto, medio e, sobre todo, longo prazo. Cada un ten a súa propia opinión sobre os espectáculos“, resolveu.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...